Sobre min

Natural da Cañiza, son licenciado en Xornalismo (USC) e Filoloxía Portuguesa (USAL), ademais de posuír o máster de Profesorado. Actualmente traballo como asistente de lingua estranxeira en Francia. Gústame escribir, pero sobre todo gustaríame escribir máis e mellor.

miércoles, 28 de octubre de 2009

Respostas con beleza

Acabo de ler unha interesante noticia. Ben, máis que interesante debería dicir divertida. Celebrarase nas próximas horas o concurso Raíña hispanoamericana en Bolivia e todas as candidatas foron sorprendidas cun exame sorpresa. Seguramente, practicamente todos errásemos nalgunha resposta se nos fixesen algo polo estilo, mais o que espero que non faga ningún dos meus escasos lectores é responder barbaridades semellantes ás destas "belezas".

Entre algunhas das solucións que me produciron algún que outro sorriso está a da candidata española, Melody Mir Jiménez, que dixo que Cristovo Colón chegou a América en 1980, isto é, hai 29 anos. Espero que á cuestión do ano non seguise un como chegou e puxese en avión de low cost. Tamén se deron respostas como que a Muralla China era unha das sete marabillas do mundo situadas en Latinoamérica. E eu pensando que era tan difícil aprender chinés cando se fala español... Polo menos, a candidata de Nicaragua sitou entre as sete marabillas do mundo a peza teatral O Güegüense, que foi recoñecida como Patrimonio Oral da Humanidade pola Unesco. Isto levarame a esmerarme neste blog para ver se algún día pode competir co Taj Mahal, o Coliseo romano ou a Cidade de Petra en Xordania como maior beleza arquitectónica no mundo.

Estes son só algúns exemplos de que os ídolos da maior parte da sociedade son uns ignorantes, sen maior ton despectivo que o sentido que ten a palabra (o que non coñece). Bisbal recoñeceu que a primeira vez que lera un libro fora con máis de 20 anos. No entanto, é un cantante que ten moitos seguidores ao seu arredor. Mais hai moitos casos deste estilo e algúns máis graves: Cantos son os deputados que non saben nin cantas provincias ten o Estado español? Ou canto vale un café para Zapatero? En cambio, son as persoas de referencia, aqueles exemplos que tende a seguir o común dos mortais. Porque agora o que é símbolo de ridiculización é aquel que le, o que quere aprender; e os únicos que teñen voz para facer e desfacer son os que dominan os medios de comunicación social, fundamentalmente a televisión.

Con todo isto, sei que posiblemente nunca me faga famoso, ademais de por non ter un talento especial, porque sei cando chegou Cristovo C0lón a América ou onde queda China no mapa.

*

2 comentarios:

  1. Si que é cuestión de moda.. Lembra a todos aqueles que presumiron de non ter lido un libro, como Victoria Beckham (España smells garlic) ou tantas outras que se definen e, o que é peor, es autoamosan como inútiles, incapaces, imbéciles en definitiva. Todos os in que lle queiras pór diante a un adxectivo calquera, agás interesante ou intelixente (e haberá algún máis, certamente)

    ResponderEliminar