Sobre min

Natural da Cañiza, son licenciado en Xornalismo (USC) e Filoloxía Portuguesa (USAL), ademais de posuír o máster de Profesorado. Actualmente traballo como asistente de lingua estranxeira en Francia. Gústame escribir, pero sobre todo gustaríame escribir máis e mellor.

martes, 6 de octubre de 2009

Brais e Xacobe

Brais e Xacobe eran dous rapaces dous rapaces que se descoñecían. Ambos contaban 22 anos e tiñan moza. Porén, as súas relacións eran diferentes. Brais tiña á súa moza totalmente namorada dende o ano e medio que empezaran a saír, mentres el só estaba con ela por cubrir ocos na súa vida. Gustáballe e o cariño por ela era evidente, mais a facilidade con que durmía con outras rapazas era abismal. Xacobe, en cambio, levaba xa cinco anos prendado da súa compañeira sentimental. Vivía por e para ela; nada tiña sentido se ela non estaba ao seu lado. Non obstante a ela isto non lle gustaba; non soportaba tanto agarimo e abusaba do amor do seu noivo.

Precisamente do poder que exercía sobre el xurdiu a ruptura das dúas relacións. Certamente non só diso, senón tamén doutro personaxe que aparecerá despois. A moza de Xacobe decidiu saír unha noite universitaria sen el (facíao moitas veces). Bebeu moito, quería sentirse libre das cadeas do cariño e as súas amigas axudábana nese sentido. Tanto así que lle presentaron un rapaz para ver se de aí saía algo interesante para comentar ao día seguinte no café. O candidato era un rapaz alto e atractivo e non tardou en engaloiar coa súa labia á noiva de Xacobe. Pero ese galán xa tiña parella, pese a que parecía non importarlle moito.

Tras unha longa noite, chegou o momento do bico. Xacobe durmía mentres a esencia da súa vida o esquecía. Pero non só se esquecía del, porque só ata pasadas unhas horas memorizou o nome do acompañante nocturno: nin Bruno, nin Breixo... era Brais. Pola mañá, antes de despedirse fixeron da cama "un ring de boxeo", como diría Sabina, e desexaron volver verse, aínda que con diferentes sensacións: a ela gustáralle moito; a el por ter alguén con quen gozar en calquera momento.

Esa mesma tarde volveu todo á normalidade. Ou case. Mentres Brais estaba coa súa parella como outro día calquera, Xacobe enteirabase por casualidade de que a súa moza estivera con outro. Sabía o seu nome pois lera unha mensaxe no móbil. Pediu explicacións e ela desculpouse sen apenas sentimento de culpabilidade. El aceptouno.

Nos meses que pasaron a noite de festa repetiuse. Brais continuaba a quedar coa moza de Xacobe, que nunca se chegou a enfadar por tal cousa malia que sabía á perfección que lle seguía sendo infiel. O seu amor superaba á raiba interior que tiña. Ata que un día ela o deixou. Díxolle que estaba con outro e que non sentía nada por el. De nada valeran nin valerán os seus esforzos
por manter o amor da súa parella vivo. Choroulle durante semanas, pero nada conseguiu.

Brais, polo seu lado, viviu o contrario a Xacobe. Deixou á súa namorada pola que nunca chegou a sentir nada real. Tras un mes no que se sentía só, empezou unha relación coa ex de Xacobe. Outra vez a historia se repetía para el: unha rapaza totalmente namorada e el que necesitaba encher o baleiro. Ela adorábao e encantáballe a súa vivacidade. Agora realmente se olvidara de Xacobe, que comezou a derramar bágoas na súa soidade. Así meses e meses. Nunca ningunha das rapazas que pasaron polos seus brazos conseguiron substituír o amor da súa vida a aínda que tivo posibilidades de iniciar novas relacións nunca quixo abandonar a esperanza de que ela volvese. Só, realmente só se quedou durante anos. Mais nunca máis só que a vida de Brais en compañía.

*

4 comentarios:

  1. ummm, interesante final, xa que os dous quedan sós pero un deles durmira acompañado e o outro totalmente só. Creo que un queda só a medias, e decir, só por dentro pero acompañado por fora e a vida de Brais segue esperando que co tempo se cubra a outra metade coa rapaza actual ou por desgraza coa seguinte e seguinte....

    ResponderEliminar
  2. E increible a destrución que fai Brais sen darse conta mentres o que el fai e pasalo ben. Creo que Brais se ten que deter e pensar o que lle fai a sua parella e a sua ex que nn sabems como acabou tampouco pero supoño polo rumbo de Brais que asi asa.

    ResponderEliminar
  3. ti crees que Brais e o tipico que so se fixa no exterior e despois no interior pero pode ser que co interior o ser un chaval sociable e que se adapta as distintas persoas por exemplo e dalle mais importancia o interior que o exterior e sempre esta a buscar un exterior perfecto para el e co paso do tempo vaille buscando defectos; polo contrario o Xacobe ve o interior porq el e dunha forma e punto so conxenia con ese tipo de xente que busca e polo contrario o exterior dalle menos importancio porq nn ten un gusto definido e concreto valendolle calquera dentro duns parametros moi amplos.....
    da que pensar, espero unha gran resposta

    ResponderEliminar
  4. No creo que como tu dices Xacobe no tenga el gusto definido...
    No todo lo importante radica en el exterior; creo que es mucho más acertado buscar una persona compatible con uno mismo que un fisico que dentro de 20 años se va a desgastar...
    Una cosa es amor y la otra placer, creo que términos bastante diferentes.

    ResponderEliminar