Sobre min

Natural da Cañiza, son licenciado en Xornalismo (USC) e Filoloxía Portuguesa (USAL), ademais de posuír o máster de Profesorado. Actualmente traballo como asistente de lingua estranxeira en Francia. Gústame escribir, pero sobre todo gustaríame escribir máis e mellor.

lunes, 1 de marzo de 2010

Subo ou baixo, Rosa?

É certo que levaba moito tempo sen escribir por aquí, mais as palabras de Rosa Díez da semana pasada non poden caer en saco roto. "Zapatero podría ser gallego, en el sentido más peyorativo". Primeiramente me sinto ofendido por ser unha discrimación ao meu país e á nosa sociedade; discriminación que se perpetúa xa dende hai séculos e que durante moito tempo creou un sentimento de autoodio que aínda se mantén vivo en pleno século XXI. Porén, as cousas parece que comezan a mudar e a sociedade ergueu rapidamente a voz para contrarrestar as ideas (se é que se poden considerar como tais) dunha señora que sempre quixo dar a nota co seu argumento antinacionalista, marcado pola intolerancia.

Non é a primeira vez que as súas verbas atacan aos galegos. E o seu ataque non é algo que poidamos calificar de non intencionado. A señora Díez sabe que tipo de votantes procura: os irracionais que só desexan ouvir frases non meditadas e que ensalcen un estado unitario no que non haxa espazo para as diferentes opinións. Sabe que este é o mellor momento prante a crise económica na que estamos inmersos. Tamén coñece a realidade de a pé, porque os cidadáns están a desgusto cos políticos de turno. E, como os galegos non importamos, somos un cebo perfecto para ser atacado como motivo de risa. Si, tan divertidos somos que aínda hoxe non sabemos se rimos por non chorar ou pola ignorancia dunha política pobre. Sexa como for, creo que ningún galego, soba ou baixe, non deteste neste momento a Rosiña.

Por certo, que por bocas militares como a da líder de UPyD morre moita xente. Denuncio a violencia, pero hai veces que a entendo. Por frases incoherentes como estas, o odio medra nos corazóns da xente e a razón pasa a un segundo plano. Se cadra, o mellor sería obviar (o mellor desprezo é o non aprezo, dise), pero nalgún momento o pobo galego debía alzar a voz. E esa debe ser a idea: levantarnos, crecer como pobo, mais sen esquecer que as ideas son o primeiro. Pois non queremos a unha Rosa Díez entre nós, verdade?

*