Sobre min

Natural da Cañiza, son licenciado en Xornalismo (USC) e Filoloxía Portuguesa (USAL), ademais de posuír o máster de Profesorado. Actualmente traballo como asistente de lingua estranxeira en Francia. Gústame escribir, pero sobre todo gustaríame escribir máis e mellor.

domingo, 18 de octubre de 2009

O pracer de viaxar

Hai anos era inconcebible poder viaxar en avión a un prezo inferior a 200 euros e isto tendo en conta que as distancias non fosen moi longas. Isto supuña que o pracer de coñecer outros lugares era algo reservado para uns poucos. Tamén conlevaba que houbese unha serie de puntos (Londres, París...) que fosen os máis visitados e se crease unha imaxe deles como algo precioso. Sen desprestixiar o encanto de ningún destes sitios, a xente consideraba que só aqueles eran merecedores de ser visitados.

Coa "democratización" do turismo, amplíase a oferta de destinos e o número de receptores nos mesmos. Quen diría hai dez anos para viaxar ata Lille, en Francia, por 10 euros? O primeiro que probablemente tivésemos dificultades á hora de ubicar esta cidade do norte galo e o segundo é que o prezo só podería aparecer nun soño. Na actualidade, mal que ben, todo o mundo ten ao seu alcance coller un avión e unha cama para descansar por un prezo escaso. Certamente, as condicións dunha viaxe dun mochileiro ou dun millonario son diferentes; pero a quen lle importa xa? Porque o relevante é que un e outro teñen as "mesmas" posibilidades.

De momento os avións de baixo custe abarcan só Europa e o norte africano (que non é pouco), mais co tempo cubrirán a maior parte do planeta. Este multiculturalismo é un dos elementos esenciais e ricos da globalización. O problema desta é que non sempre se sabe aproveitar ou é aproveitada por outros para beneficiarse económica ou politicamente. Máis alá diso, o fundamental é que viaxar é un pracer.

Viaxar foi dende tempos remotos algo que permitiu á civilización coñecer novos territorios, culturas, costumes, etc., mais tamén coñecerse a si mesmos. Principalmente porque somos o que outros non son. Ademais, se formos bos indagadores, podemos descubrir aspectos históricos, literarios ou sociais deses países, polo tanto obter unha bagaxe cultural que sempre axuda a un mellor entendemento do que somos hoxe. É dicir, facemos unha viaxe non só no espazo, senón tamén no tempo (pasado, presente e incluso futuro), o que sumado á diversión e numerosas experiencias que se poden vivir fan das viaxes un dos entretementos máis enriquecedores da globalización.

*

2 comentarios:

  1. non fai falta pagar tanto pra viaxar, eu cun tanque cheo de gasoleo e nun par de horas chego o meu paraiso indiscutible, o mar galego

    ResponderEliminar
  2. Tenemos mucha suerte hoy en día. Prácticamente podemos viajar a donde queramos.
    (Sería más feliz si hubiera vuelos de 10 euros a Egipto... supongo que tendré que esperar para eso xD)
    El link debería ser éste: http://incoerenze.blogspot.com/

    Yo voy a agregarte ahora ;)

    ¡Un beso Yago!

    ResponderEliminar