Sobre min

Natural da Cañiza, son licenciado en Xornalismo (USC) e Filoloxía Portuguesa (USAL), ademais de posuír o máster de Profesorado. Actualmente traballo como asistente de lingua estranxeira en Francia. Gústame escribir, pero sobre todo gustaríame escribir máis e mellor.

lunes, 28 de septiembre de 2009

Diferentes tempos

Quen nunca escoitou a expresión de "vivimos no noso tempo"? Pero cal é ese? Existe realmente. Nos medios sociais estamos acostumados a que nos digan que vivimos en pleno século XXI, supostamente caracterizado polas innovacións tecnolóxicas, a democracia liberal, o respecto polos demais, unha muller emancipada e en igualdade de condicións que o home, etc. Ben, resulta obvio que poucas destas cousas se compren máis alá do termo en abstracto no lugar onde eu vivo; isto é, Galicia.

Mais o problema agudízase (feliz ou infelizmente), noutros territorios. Poñamos por caso unha tribo africana: que innovacións tecnolóxicas existen alí? Internet é un misterio, algo imposible de concibir para eles. Democracia liberal? Para empezar, a democracia debería ser o poder do pobo, algo que ben é sabido que é mentira. Pois a súa forma política, entendida como sistema de relacións sociais, é asimilida por eles de diversos modos: o mandato dos maiores, por exemplo. É máis xusto que o noso? É algo que non sei, mais sería interesante pescudar; o que si sei é que a súa forma de comunidade non é liberal como forma económica, polo menos por agora. Nos seus sistemas prima o colectivo sobre o individual, gran diferenza respecto a nós por pór algunha.

O respecto polos demais é algo que tampouco podo valorar por descoñecemento. Sei que existen grupos tribais tremendamente inxustos, que practican, por exemplo, a ablación da muller. Porén, observamos outros nos que é a muller a dominante da comunidade.

Isto non fai máis que corroborar a miña idea de que existen moitos tempos diferentes no mundo. Algunhas sociedades viven ancladas en tempos para nós pasados, mais tamén vivimos nós atrasados noutros. Pero o realmente inxusto é que a historia, ao ser entendida de maneira lineal e servindo aos intereses duns poucos, recordarán este período polos valores que expuxen ao principio; isto é, aqueles transmitidos (máis concretamente vendidos) polas potencias dominantes e deixarán de lado á maior parte do mundo.

*