Sobre min

Natural da Cañiza, son licenciado en Xornalismo (USC) e Filoloxía Portuguesa (USAL), ademais de posuír o máster de Profesorado. Actualmente traballo como asistente de lingua estranxeira en Francia. Gústame escribir, pero sobre todo gustaríame escribir máis e mellor.

lunes, 12 de octubre de 2009

Palabras

Busco desesperadamente a palabra que nos defina,
unha palabra que engrandeza o que somos.
Esa palabra vive en nós,
mais ningún dos dous sabemos cal é,
porque a nós non nos fan falta palabras.
Basta unha simple mirada para saber cal é a nosa palabra.

Levántome a media noite desvelado,
buscando a palabra exacta.
Penso en ti e sei en que estou pensando,
mais se o quero describir non teño palabras.
Dás sentido á miña vida sen apenas percatarte,
pero non me podes dicir que sentes.

Ás veces, a palabra faime reflexionar demasiado.
Fago ben procurándoa? É mellor non sabela?
Creo que teño medo a recoñecela,
asumir que ti es a palabra das palabras,
o dicionario que vive ao meu ladoe do que xamais me quero separar.

*

1 comentario:

  1. Palabras para que? La verdad esque hay cosas que no deberían ser definidas,esto es, tener un nombre, pienso que ponérselo las echa a perder! Muy bueno el poema.

    ResponderEliminar