Sobre min

Natural da Cañiza, son licenciado en Xornalismo (USC) e Filoloxía Portuguesa (USAL), ademais de posuír o máster de Profesorado. Actualmente traballo como asistente de lingua estranxeira en Francia. Gústame escribir, pero sobre todo gustaríame escribir máis e mellor.

miércoles, 14 de octubre de 2009

O pano do mundo

Existe unha estatística que di que coñecendo cinco (outros din seis) persoas se pode chegar a coñecer todo o mundo entre si. É curioso pensar que o amigo dun amigo, dun amigo, dun amigo, doutro amigo poida coñecer a un aldeán dunha rexión de Bangladesh. Non sei se se exactamente é este amigo ou o seguinte, pero a Terra é un pano e se con cinco persoas somos capaces de chegar a todos os recunchos do mundo e contactar con todas as persoas que habitan o planeta este podería cambiar. Naturalmente é unha utopía, pero que bonito sería.

Outra das conexións con xente das que non nos percatamos é por exemplo a transmisión de virus. Cando un colle unha gripe pode ser infectado polo virus doutra persoa, que á vez os recibiu doutra; ao mesmo tempo, nós pasarémolos a outras. Pero a quen? E onde chegará despois o virus? Quen o transmitiu primeiro?

Tamén se percibe isto, segundo algúns, nos bocexos. Cando un preguizoso abre a boca de sono parece que lle pasa o cansazo a outro. Este a outro e a outro... Será por iso que nunca temos ganas de facer nada? Non sei se será, pero xa incluso con escribilo xa me entran ganas de ir durmir.

Vivimos nun cúmulo de anécdotas que nos pasan inadvertidas. Será que ao final non somos tan distintos uns dos outros? Pode ser; eu confórmome con que cinco persoas pasen a outras cinco este blog e estas cinco a outras cinco, etc., etc. A ver se algún día o len os 6.000 millóns de habitantes.

*

No hay comentarios:

Publicar un comentario