Sobre min

Natural da Cañiza, son licenciado en Xornalismo (USC) e Filoloxía Portuguesa (USAL), ademais de posuír o máster de Profesorado. Actualmente traballo como asistente de lingua estranxeira en Francia. Gústame escribir, pero sobre todo gustaríame escribir máis e mellor.

miércoles, 7 de octubre de 2009

Deporte e intereses

É a primeira vez que me adentro neste blog no deporte. Este, nos nosos días, pode entenderse non só como un espectáculo ou como unha forma de levar unha vida máis sá, senón como un ámbito profundamente marcado pola econonía e a política. Moitos exemplos destes se atopan no deporte do Estado español. Poñamos algúns exemplos.

Como estratexia empresarial de cara aos medios de comunicación encontramos dous tipos de deportistas. Aqueles dos que se crea un mito (os relacionados coa política) e os que axudan a vender portadas. Estes soen ser polémicos, que fan declaracións ás primeiras de cambio; ou tamén aqueles que son criticados ou relanzados ao ceo en dous días. Pero para que uns e outros aparezan necesítase un terceiro grupo que filtre noticias. Estas tamén saen dos propios deportistas, o que leva en moitos casos a que a información se desvíe do estritamente deportivo ao persoal ou aos intereses. Poñamos por caso a Raúl, xogador do Real Madrid. É un dos poucos futbolistas que sempre recibiu un trato favorable da prensa malia que leve anos arrastrándose polos campos.

Porén, estes só levan a un debate intrascendente: se Raúl é titular ou non é algo que non modifica na esfera social a excepción dos xornais que se venden. Máis perigosos son os outros personaxes, aquelas figuras que colleitaron algún éxito e das que se valen os medios estatais para crear figuras de "orgullo nacional". Por exemplo, quen vía hai anos a Fórmula 1 no Estado? Apenas un puñado de verdadeiros seguidores do motor. Hoxe Fernando Alonso e o seu novo contrato con Ferrari xa é coñecido por un 10000% máis de seguidores que hai 10 anos cando a scudería italiana podía fichar a outro piloto. Ou quen era seguidor de tenis ata que Nadal empezou a gañar os grandes torneos internacionais? Moi poucos. Pero como eles dous temos moitos máis exemplos: Pau Gasol e a súa selección de baloncesto, a Eurocopa de fútbol, Contador e o seu Tour, etc. Deportistas creados para fomentar a idea dun Estado unido, uninacional por tanto. E nada mellor que chegar a unha masa de social inmensa que mediante o deporte.

Pero o deporte é tamén política. Ben é sabido que as rivalidades entre equipos parten de diferenzas ideolóxicas (os obreiros do Celta ou do Atlético; fronte ás altas clases sociais do Deportivo da Coruña e o Real Madrid; ou os nacionalistas españolistas outra vez do Madrid que se posicionan en contra dos nacionalistas ataláns do Barça. A tenor disto enténdese que os presidentes do Real Madrid -Aznar, ansioso por recuperar o poder quixo chegar ao palco do Bernabéu- e do Barcelona cheguen a ter máis poder que os do Goberno do Estado español e da Generalitat de Catalunya). E todo pola cobertura que se lle dá. O realmente perigoso é como os medios nos conducen a outro tipo de ideas. Por exemplo, Laporta é un home malo por declararse nacionalista. Ao final, o deporte queda unha vez máis nun segundo plano. Desgrazadamente moitos usuarios deses medios non o captan e son conducidos como marionetas. Polo menos, espero que poidan practicar deporte.

*

3 comentarios:

  1. uuuu, o final todo e politica inclusibe raul; ainda que discrepo co de nadal, e o da seleccion de baloncesto, xa que a loucura de seguir o tenis veu dada a tenor de gañar a primeira ensaladeira, e decir, rollang garros e o idolo era un chaval xoven e agora olvidade que so ocupa unhas miseras lineas pero que antaño identificabamos con el que era Ferrer. A outra discordia era a de baloncesto xa que foi nos 80 cando se empezou a magnificar ese deporte que anos despois decaeu e volveuse a impulsar aproveitando os titulos conseguidos por esta nova xeraÇion. Ainda que o maximo expoñente esta no futbol porque so conseguindo unha misera eurocopa alavase como se conseguiran 100 eurocopas, mentres deportistas humildes como Pedrosa con 3 titulos munduais( que para empezar e masi que ser gañador de europa e ainda por riba son 3) non se lle da nada de importancia e nin sequera sae nos informativos por rivalidades, so sae na primeira porque e onde se retransmite; para os demais informativos o mundo do motociclismo non existen xa que non o teñen na sua parrilla televisiva senon na da competencia. Ata aqui a miña humilde opinion....

    ResponderEliminar
  2. ¡Hola Yago! Soy Isabel, iba contigo a italiano el curso pasado. Es que acabo de ver tu blog en el tuenti xD

    De tu entrada no digo nada, que yo en deportes... soy nula xD

    ¡Un beso!

    ResponderEliminar
  3. Que descontento te veo con este mundo...hasta los deportes son "alvo" de tus críticas. Creo que deverias hablar de vez en quando de algo positivo, seguro que hay algo que te enorgullezca en nuestro sistema, ni que sea el echo de que gracias a él hayas podido visitar tantas cuidades como has visitado.

    ResponderEliminar