Sobre min

Natural da Cañiza, son licenciado en Xornalismo (USC) e Filoloxía Portuguesa (USAL), ademais de posuír o máster de Profesorado. Actualmente traballo como asistente de lingua estranxeira en Francia. Gústame escribir, pero sobre todo gustaríame escribir máis e mellor.

martes, 12 de mayo de 2009

Escritor Sieira

Esta entrada chega cuns días de retraso, porque a tiña prometida dende o venres. Pois ben, ese 8 de maio foi a data na que don Cristian Sieira, apelido dificilmente pronunciable en terras alleas á súa polo visto, recibiu a chamada dun dos membros do xurado dun certame de relato curto ao que se presentara para confirmarlle que era un dos que recibirín o premio.

Cando lía aquel texto vía ao seu autor reflectido nel. Será polo que o coñezo ou polo transparente que é, mais a súa personalidade estaba alí. Esa sensación que sente o protagonista do seu relato ao cruzar a fronteira é a mesma que Sieira (poño o apelido, que dá máis caché literario) ten no seu interior: a súa gorxa sécase e chora no seu interior a ausencia de carballos. Como anécdota hai que dicir, que por moito que el afirme ser de costa alí tamén hai elementos que soen caracterizar ao interior galego e os carballos son un exemplo; coa diferenza de que no interior hai dez por cada tres da costa (estatística mental).

Volvendo ao tema, o único que pode distinguir ao protagonista do autor é a sentimentalidade. O personaxe da ficción mostra un corazón aberto cara a unha rapaza gaditana, pola que se preocupa en todo momento e pola que marcha doído. O de Boiro, en cambio, caracterízase pola inexistencia dun corazón (tanto o sentimental como o órgano. Ai, nonn! ese é o fígado) e é nulo pararse a pensar na expresión de sentimentos pola súa parte.

Agora, co segundo premio no peto, aspira a converterse nun dos membros disidentes da futura "Geraçom", como el chama a un grupo de novos escritores galegos que se xuntan para formar un círculo literario. Esperemos que todo saia ben. Un saúdo para el.

PD: Gustaríame que todos aqueles lectores que o coñezan fagan algún comentario ao respecto. Grazas.

*