Sobre min

Natural da Cañiza, son licenciado en Xornalismo (USC) e Filoloxía Portuguesa (USAL), ademais de posuír o máster de Profesorado. Actualmente traballo como asistente de lingua estranxeira en Francia. Gústame escribir, pero sobre todo gustaríame escribir máis e mellor.

sábado, 9 de octubre de 2010

A harmonía do silencio

Unha historia sen acabar. Así quedaba aparantemente este espazo. O silencio apoderouse del durante varios meses, a pesar de que o relato xa tivese un final preparado. De feito hai un final publicado. "O gato e o burro" titulábase. Coherente no momento; desaxustado a día de hoxe, cando introduciría nesa denominacón o xénero feminino. Non retocaría gran cousa (só dúas letras), aínda que ás veces pequenas modificacións significan un cambio radical. O conto agora sería outro.

O silencio é fundamental. Os mellores músicos, instrumentais, da palabra ou da mestura de ambos, sábeno. E como falar é cantar, e o pensamento é linguaxe, nós tamén precisamos do silencio para alcanzar a harmonía. Xa que eu tamén desexo saber manexar o silencio, finalizo aquí esta pequena entrada.

Ah, non! Gustábame dicir outra cousa, aínda que vaia en contra da lóxica do texto (ou non). As linguas na Romania occidental crearon pola evolución fonética do latín varias formas verbais homónimas na primeira e terceira persoas do singular, o que implica que ante a ausencia do suxeito podemos estar falando do eu, del, dela ou diso.

Así rompín eu o meu silencio.

*

2 comentarios:

  1. O valor do silencio, moitas veces moito máis valioso cá infinitude de palabras... Igual que o abrazo é máis valioso que os eloxios todos do mundo

    ResponderEliminar
  2. O nosso dever de falar, diria Mário Cesariny.
    H

    ResponderEliminar