Sobre min

Natural da Cañiza, son licenciado en Xornalismo (USC) e Filoloxía Portuguesa (USAL), ademais de posuír o máster de Profesorado. Actualmente traballo como asistente de lingua estranxeira en Francia. Gústame escribir, pero sobre todo gustaríame escribir máis e mellor.

jueves, 29 de enero de 2009

Cabeza alta

"Vendo pasar os meus días pola noite sen ser eu mesmo. Esa é a miña vida dos últimos días e a que se avista cara aos próximos. Nada con sentido e sen solucións á vista.

De todos xeitos é o mellor que me pode pasar cando non se quere ser humillado tan claramente. Sen ser eu, non se pode rir de min..."

Estas foron as súas palabras antes de morrer coa cabeza ben alta.

*

1 comentario:

  1. De que serve a cabeza alta, o orgullo... De que serve todo e nada á vez? Se é un camiño sen retorno. Irreductible. Imparable. E impasable.

    ResponderEliminar