Sobre min

Natural da Cañiza, son licenciado en Xornalismo (USC) e Filoloxía Portuguesa (USAL), ademais de posuír o máster de Profesorado. Actualmente traballo como asistente de lingua estranxeira en Francia. Gústame escribir, pero sobre todo gustaríame escribir máis e mellor.

martes, 30 de junio de 2009

Democracia demagóxica

Hoxe vénse de asinar un acordo en Estrasburgo polo cal Batasuna non pode presentarse ás eleccións democráticas. Os motivos dise que están relacionados coa súa vinculación co grupo terrorista ETA. Primeiramente quero declararme contrario a toda acción terrorista, por moito que a razón dunha dimensión estratosférica. Porén, o que é habitual tamén xa neste Estado demagogo é desinformarnos da realidade basca.

Hai que recoñecer que ETA ten dous brazos: o político e o terrorista. Non todos os compoñentes de ETA son partidarios da violencia para conseguir o obxectivo da independencia. Isto ratifícase, máis ben ratificábase, nos comicios electorais, onde sempre tiraban uns 150000 votos. Precisamente, aquí está a única e verdadeira razón da decisión tomada pola UE e creada por Aznar en 1996, a cal foi respaldada polo PSOE en menos que canta un galo. Tan mal se levan os dous controladores da que din chamar democracia? Non! Son uns perfectos actores que venden un fume a bo prezo! Mais, retomando a idea daquela Lei de Partidos, debemos entender que por ela hoxe en Euskadi hai este goberno españolista, pois coa abstención destes máis de 150000 votos todo se facilita para os demagogos autodenominados demócratas.

Este é o noso sistema: a demagoxia pura e dura, que se define así "dexeneración da democracia, consistente en que os políticos, mediante concesións e gabanzas aos sentimientos elementais dos cidadáns, tratan de conseguir manter o poder". Violencia NON, está claro, pero enganos TAMPOUCO!

*

No hay comentarios:

Publicar un comentario