Sobre min

Natural da Cañiza, son licenciado en Xornalismo (USC) e Filoloxía Portuguesa (USAL), ademais de posuír o máster de Profesorado. Actualmente traballo como asistente de lingua estranxeira en Francia. Gústame escribir, pero sobre todo gustaríame escribir máis e mellor.

martes, 23 de junio de 2009

Cara a unha definición propia

Levo uns días reflexionando como definirme a min mesmo. E é que o sábado unha persoa dixo que eu lle recordaba a unha canción da Oreja de Van Gogh, La reina del Pop. Ao principio pensei que era absurdo, mais logo deume unha explicación que me resultou cando menos graciosa. O fragmento da canción ao que se refería di o seguinte: "Tienes talento, cultura, manos bonitas y estudias francés. Cantas, actúas y pintas, escribes poemas, todo lo haces bien. Has nacido artista, lo sé, se te nota en la cara tienes mucho poder. Firma aquí abajo y verás cómo cambia tu vida, es muy fácil ganar".

A priori é bastante halagador. Esa persoa comentaba que se sorpendía con algunhas das cousas que lle estiven contando e expliqueille algunha idea que tiña en mente. Iso abraiouna máis. Porén foi rápida en dicir que eu nunca chegaría a nada. "Podes facer o que queiras na vida, sabes facelo todo ben, pero nunca triunfarás sen vender a túa alma ao demo". A sinatura que falaba a canción que antes comentaba daba o estrelato no mundo pop, pero non por iso a calidade, a individualidade e a creatividade, senón o converterse en maniquí do mercado: gañar diñeiro e vía. Mais non quero falar de mercado hoxe, senón de procurar achegar unha definición sobre min mesmo.

Así, despois de tres días buscando uns poucos conceptos abstractos, pero que me sinteticen, concluín que son unha forma deformada de formal e informal. Gústame ser así.

*

No hay comentarios:

Publicar un comentario