Sobre min

Natural da Cañiza, son licenciado en Xornalismo (USC) e Filoloxía Portuguesa (USAL), ademais de posuír o máster de Profesorado. Actualmente traballo como asistente de lingua estranxeira en Francia. Gústame escribir, pero sobre todo gustaríame escribir máis e mellor.

miércoles, 10 de junio de 2009

Blog e literatura

Sei que os escasos lectores que teño non cren que me esquecín de actualizar este blog. Tamén sei que algún demanda máis entradas para que as súas defecacións sexan máis amenas. O que non sei é de que lles gustaría de que falase. Porque, de que se debe falar nun blog ou na literatura en xeral? E, outra cuestión ligada a esta, pode ser un blog literatura?

Ben, para a primeira cuestión teño unha postura formada dende hai tempo. Non se pode pretender só entreter, tampouco se pode ser cen por cen pedante. Non creo que sexa conveniente falar soamente de aspectos políticos, nin de aventuras inventadas en mentes máis ou menos enxeñosas. Creo, ao igual que a miña idea do que debería ser política, na individualidade do creador e do receptor. Cada un ten unhas determinadas necesidades que satisfacer, algo que non todo o mundo entende e respecta. A pluralidade é fundamental no que pretende ser unha sociedade democrática. Agora ben, se non critico nin ataco a aqueles que buscan na televisión soamente a diversión e, polo tanto, a evasión, considero que existen uns entramados no medio televisivo que si deben ser atacados, porque nese espectáculo que é a televisión todo conduce a un sistema social, político e económico. En realidade, agás internet (por non estar regulamentado), practicamente todos os medios (non só xornalisticos, tamén inclúo música, literatura, etc.) dirixen aos lectores a unha sociedade de consumo que parece que xa alcanzou a súa plenitude. De aí que crea necesaria unha reflexión en cada lector sobre aquilo que consome e os seus gustos.

Sobre se un blog pode ser literatura, tamén creo que si. Estamos en plena revolución informática, un momento histórica probablemente clave e que marque as xeracións futuras, e a literatura non é allea a este fenómeno. Moitos son os que se adican xa a escribir na rede, con magníficos resultados nalgúns casos. Isto tamén nos interesa para apreciar que existe un grupo de individuos que aínda defende a idea de "a arte pola arte". Dende o meu punto de vista "chapeau". Porén, recoñezo que internet aínda non é seguido por todo o mundo. Unha capa importante de poboación non tivo contacto ata hoxe cun ordenador e, moito menos, con internet. Por tanto, creo que internet se afianzará co tempo como o medio onde se lerá máis literatura. Non obstante, terán que pasar moitos máis anos... cando o proceso no que estamos se acabe.

*

1 comentario:

  1. e bo tema ara defecar si si un pouco fiosofco pero bue dache pensar no baño

    ResponderEliminar