Sobre min

Natural da Cañiza, son licenciado en Xornalismo (USC) e Filoloxía Portuguesa (USAL), ademais de posuír o máster de Profesorado. Actualmente traballo como asistente de lingua estranxeira en Francia. Gústame escribir, pero sobre todo gustaríame escribir máis e mellor.

domingo, 29 de marzo de 2009

Un espertar estraño

Teño necesidade de relatar algo que me pasou e que non consigo explicar. Estaba o pasado xoves en Salamanca e quedar cuns amigos a tomar unhas copas. Como sempre, metímonos nun local e veu falarme unha bonita rapaza zamorana á cal non coñecía de nada. Despois dunha conversación inicial sobre o escaso valor de gran parte da obra vangardista da literatura italiana. A conclusión á que chegamos é que a súa magnífica teoría, como unha loita fronte ao canon literario, quedou descompensado polo seu reflexo práctico.

Toda esta conversa e as vindeiras, que non as comento porque non as lembro, acompañábanse da música de Sabina e algún que outro vaso de alcol. O seguinte recordo xa é bastante posterior e gustaríame saber o seu porqué: erguinme o venres nunha habitación estraña, con dúas camas, dun hostal de Ávila, ao lado de Claudia, que así se chamaba ela. E non me erguín porque non estivese ben o local, de nome Zaragoza, senón porque nos chamaron de recepción comunícandonos que nos tiñamos que ir, que xa era a hora de abandonar a habitación pois estaban os seguintes inquilinos á espera.

O meu primeiro instinto non foi preguntar que facía alí, senón mirar a Claudia e rirnos polo chan. Como chegamos alí? Que fixemos? Por que collemos unha habitación doble para durmir abrazados?

Hai moitas cousas que non teñen resposta e esta historia é unha delas. É unha pena que non sexa real, mais si espero que os escasos lectores que teño me comenten algo ao lela.

*

1 comentario:

  1. magnifico, gustariame analizar o teu relato, lastima que eu non estudie filoloxia pa sacarlle as tripas e ver que se esconde dentro, como farias ti co quixote e demais.

    ResponderEliminar