Sobre min

Natural da Cañiza, son licenciado en Xornalismo (USC) e Filoloxía Portuguesa (USAL), ademais de posuír o máster de Profesorado. Actualmente traballo como asistente de lingua estranxeira en Francia. Gústame escribir, pero sobre todo gustaríame escribir máis e mellor.

lunes, 2 de marzo de 2009

Nada de calar e máis pregoar

Chega o día post-eleccións e semella que xa está todo dito. Ao igual que o sábado era o día de reflexión, hoxe si comeza unha verdadeira etapa de tal cousa. É o momento de pensar que se fixo ben e que non; por que os resultados foron tan sumamente claros nas eleccións con maior porcentaxe de voto no país... Foi a sociedade quen falou e iso hai que respectalo.

Evidentemente van cambiar moitas cousas. Mais isto non fai máis que reafirmarme nas miñas ideas. Leo dalgúns que din sentir amor por Galicia que é "un país de merda", que "somos uns ignorantes". Todo un absurdo: se non se tentan cambiar as cousas, nada mudará! Nin me rindo nin o farei. Porque o que eu penso ninguén mo vai quitar. Son eu mesmo e non representante dunhas siglas ás que teña que idolatrar. Hai moitas cousas importantes polas que loitar. Habíaas hai dous días e haberaas toda a vida, porque o día que se baixen os brazos será tempo de asumir as inxustizas. Así que nada de lamentacións, nada de pesimismo, nada de non respectar e poñámonos a traballar.

"Pois, dondequer, xigante / a nosa voz pregoa / a redezón da boa / Nazón de Breogán", di o noso himno. Así que nada de calar e máis pregoar!

*

1 comentario: