Sobre min

Natural da Cañiza, son licenciado en Xornalismo (USC) e Filoloxía Portuguesa (USAL), ademais de posuír o máster de Profesorado. Actualmente traballo como asistente de lingua estranxeira en Francia. Gústame escribir, pero sobre todo gustaríame escribir máis e mellor.

viernes, 24 de abril de 2009

Os símbolos

Vin sentir o medo ante a miña presenza e vino sentir tamén en min. Os meus ollos enfurecéronse e eran lume que abrasaba a quen miraba a eles e eran insignificantes no espello da miña casa. Repetín centos de veces as mesmas cancións e as mesmas frases ("Skate or die", sobre todo) e nunca ata agora souben que non me representaban.

Formar parte dun grupo é asumir certas ideas, conceptos que non son discutidos, senón de obrigado cumprimento. Iso desvirtúate na soidade. Cos teus compañeiros de ideas es forte, capaz de calquera cousa con tal de que o resto vexa en ti que es o máis atrevido e respectable. Só es simplemente un covarde, unha persoa que necesita dos seus símbolos para sentirse alguén.

Por que a xente goza tanto dos símbolos e os adora por riba de todo? Por que o amor á bandeira? Por que a imaxe dalgún personaxe ao que hai que imitar? Medo, nin máis nin menos, a quedar só, fóra dun grupo social, reivindicarse como algo que en moitos casos nin chega a ser. E todo porque nesta vida parece que es ou non es; é dicir, parece que é necesario ter que levar algo que sexa o reflexo da nosa ideoloxía. Sinceramente, paréceme absurdo. Creo no individuo e as súas ideas, propias e dificilmente compartidas con calquera outra persoa (seguramente sexan coincidentes en moitos sentidos, pero é case imposible que coincidan nun 100%). Persoalmente, eliminaría todos os símbolos do mundo por crear un símbolo persoal, intransferible, verdadeira manifestación dunha sociedade libre.

*

1 comentario:

  1. bueno como lector de este extraordinario blog, diria que esta entrada e unha gran reflexion sobre a historia da humanidade e de como un simple simbolo pode levar a grandes masas a limites insospeitables. grazas

    ResponderEliminar